Os hostaleiros preparan as terrazas para seguir facendo caixa ante a chegada do frío e a chuvia
As mesas exteriores supoñen entre o 25 e o 50 % da facturación dun negocio de hostalería
Son unha parte imprescindible do negocio da hostalería.
"Aínda que chova, terraza sempre. Abrigo e gorro e ala", di unha moza.
O impacto económico vai máis alá da facturación dunhas poucas mesas. As terrazas funcionan como reclamo visual que atrae ata un 30 % de novos clientes.
"Polas terrazas pasa máis volume de xente. É unha forma de captar novos clientes", explica a hostaleira, Laura Martín.
A pandemia supuxo un punto e á parte. Un cambio de hábitos que os hostaleiros tratan de aproveitar.
"Sen as terrazas hai negocios que non durarían. No inverno tamén se utilizan moito", afirma unha hostaleira.
Adaptarse ás circunstancias meteorolóxicas é unha necesidade.
"Poñemos un toldo e cubrimos as mesas do frío e da chuvia. Tamén sacamos estufas", explica Mateo.
As terrazas favorecen unha maior rotación das mesas e unha factura máis elevada ao servir produtos con maior marxe de beneficio. Calcúlase que entre un 25 e un 50 % da facturación total dun negocio.