Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Grao en Xestión de Empresas Hoteleiras comeza este curso cun 30 % máis de alumnos

O Grao en Xestión de Empresas Hoteleiras comeza este curso cun 30 % máis de alumnos

Con 30 anos de historia, do Centro Superior de Hostalería de Galicia saíron xa máis de 3.000 profesionais que dirixen establecementos por todo o mundo

G24.gal 29/09/2026 14:47 Última actualización 29/09/2026 16:51

Comeza un novo curso, e xa van 30, no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Este ano con case un 30 % máis de matriculados no Grao de Xestión de Empresas Hostaleiras. Alumnos que se preparan para un dos sectores con máis saída laboral e máis proxección internacional.

 "Formámonos para directores de hotel e ir amañados forma parte de estar metidos no papel do que imos ser no futuro. Eu vin a unha xornada de portas abertas e encantoume isto. Gústame viaxar, o bo comer...", relata Candela Blanco, alumna do Grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.

Candela é alumna de segundo, dun grao de catro anos, en que para ensinarlles a dirixir un hotel abordan primeiro un a un todos os aspectos da formación.

"Intercalamos unha semana de prácticas e unha de teoría, e temos prácticas en empresa todos os veráns, desde o primeiro curso. Tamén me chama a atención a posibilidade de aprender idiomas ou materias como habilidades interpersoais ou TIC", cóntamos Judith Chas, alumna do Grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.

 "É unha formación moi transversal en que se aborda como facer na cociña un prato ou atender un cliente da recepción, pero tamén a análise de viabilidade do negocio, estudos de mercado, xestión de recursos humanos", explica Andrés Nieto, profesor de Márketing no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Unha escola que leva xa tres décadas vinculada estreitamente coa profesionalización do sector.

"Saíron xa desta escola xa 3.000 profesionais, que hoxe ocupan postos de dirección nas principais cadeas e establecementos hostaleiros de todo o mundo", dixo Xosé Merelles, o Director de Turismo de Galicia.

E en cuestión de semanas, responsables de cadeas de todo o mundo volverán aquí buscar alumnos galegos para as prácticas de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade