Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concello e hostaleiros de Santiago pretenden que as cabichas non acaben no chan nin nos sumidoiros

Concello e hostaleiros de Santiago pretenden que as cabichas non acaben no chan nin nos sumidoiros

Poñen cinseiros e depósitos en bares e restaurantes, e a concesionaria de limpeza recolleraos regularmente

Envíanse logo a unha das dúas empresas europeas que as reciclan en materia prima para as fábricas de cemento 

Máis de cen establecementos xa se sumaron á campaña "Non perdas a cabicha"

 

G24.gal 09/10/2026 14:48

O chan ou os sumidoiros é onde acaban a miúdo as cabichas, din os fumadores, que moitas veces por falta de alternativas, coma cinseiros ou papeleiras. 

Para evitar esta deriva, que acaba en xeral nos ríos e ó cabo no mar con graves consecuencias ecolóxicas, o Concello de Santiago está poñendo en marcha un proxecto de reciclaxe en colaboración coa concesionaria de limpeza e a hostalería local.  

Os máis de cen bares e restaurantes que xa se sumaron de entrada á campaña van poñer unha solución moi á man dos fumadores, uns cinseiros con forma de columnas que estarán na entrada ou nas terrazas, segundo explica Manuel Pan, o coordinador da campaña "Non perdas a cabicha".

"É unha maneira de adiantarse a futura lei, porque ate agora saiamos fumar as terrazas e logo iremos ás beiras das terrazas por iso o formato dos cinseiros que se pretende que acaban estando nas beiras das terrazas", explica

O que vaia parar ao cinseiro irase acumulando nun depósito que será recollido regularmente por Urbaser para que vaia parar a unha das únicas dúas empresas que actualmente hai en Europa dedicadas á reciclaxe de cabichas, algo que valora especialmente Pablo Duarte, un dos hostaleiros que colabora. 

"Está moi ben porque ademais se vai reciclar todo ese produto", afirma. 

O que fan é separar a parte da celulosa do resto, e ese resto volve ser materia prima das fábricas de cemento. Amais dos hostaleiros, xa hai outros establecementos interesados en colaborar, coa axuda dos clientes, a que as cabichas non acaben nos sumidoiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade