Cargando resultados...
Ourense supera os 40 graos por segundo día consecutivo nunha xornada de alerta laranxa
A alerta está activa na conca do Miño de toda a provincia ourensá
G24.gal
28/07/2026 19:32
A cidade de Ourense volve superar os 40 graos por segundo día consecutivo, nunha xornada de martes na que está activa unha alerta laranxa da Axencia Estatal de Meteoroloxía por calor na conca do Miño na provincia ourensá.
Segundo a información de Meteogalicia, a cidade de As Burgas alcanzou os 40,1 graos ás 16,00 horas deste 28 de xullo. O pasado luns, Ourense alcanzou os 40,3 graos. Outros municipios ourensáns como Ribas de Sil tamén rozan os 40 graos este martes.
Xa para a xornada do mércores, 29 de xullo, as alertas da Aemet son amarelas na zona ourensá do Miño, o sur de Ourense e o sur de Lugo.