Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Auriense quere que o partido de Copa ante o Deportivo sexa "unha festa sen prezos prohibitivos"

O Auriense quere que o partido de Copa ante o Deportivo sexa "unha festa sen prezos prohibitivos"

O club solicitou que o encontro se xogue no Couto

G24.gal 06/10/2026 13:42

A historia do Auriense CA,  club fundado no 2020, ano da pandemia, vivirá un capítulo memorable coa eliminatoria da Copa do Rei ante o Deportivo. "A xeración dos que vivimos a época do Superdépor estamos aínda máis emocionados", afirma Manu Cerón, presidente do Auriense.

O Auriense, que compite na Rexional Preferente, quere que a eliminatoria se xogue no Couto. "A idea é que sexa unha festa do fútbol, que non sexa algo prohibitivo, senón accesible a todo o mundo, e poidamos vivir un ambientazo un ano máis nunha cidade copeira como Ourense", resalta o presidente do club, que lembra que Auria era o nome orixinal da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade