Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave o condutor dun turismo que se saíu da vía en Vigo e bateu contra a mediana

Ferido grave o condutor dun turismo que se saíu da vía en Vigo e bateu contra a mediana

A Avenida Arquitecto Palacios, onde tivo lugar o sinistro, estivo cortada temporalmente

O ferido tivo que ser trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro  

CEDIDA/EUROPA PRESS CEDIDA/EUROPA PRESS
G24.gal 28/07/2026 18:31

Un condutor resultou ferido grave este martes tras sufrir unha saída de vía na Avenida Arquitecto Antonio Palacios, en Vigo.

O vehículo que conducía acabou encaixado contra un muro e a mediana da estrada, o que obrigou a mobilizar aos servizos de emerxencia e a cortar temporalmente o acceso á circunvalación.

O accidente tivo lugar pouco antes das 13.00 horas cando, por causas que aínda se investigan, o turismo abandonou a calzada e sufriu un violento impacto que deixou a parte dianteira do vehículo completamente esnaquizada e ao turismo parado en sentido contrario ao da marcha.

O 112 Galicia recibiu o aviso do sinistro e mobilizou aos distintos servizos de emerxencia. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local de Vigo, efectivos do parque municipal de Bombeiros e unha ambulancia medicalizada do 061, que evacuou ao ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade