Ferido un condutor tras chocar frontalmente contra un camión en Gondomar
O propio condutor do vehículo industrial foi o que deu aviso os servizos de emerxencia, indicando que non había persoas atrapadas, pero que si era necesaria asistencia médica para o ocupante do turismo
Europapress (Cedida)
Un condutor quedou ferido na mañá deste martes en Gondomar tras chocar frontalmente contra un camión que transportaba madeira.
Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10:10 horas nas inmediacións da rotonda do cuartel da Garda Civil, onde un coche e un camión impactaron frontalmente.
O propio condutor do vehículo industrial foi o que deu aviso aos servizos de emerxencia, indicando que non había persoas atrapadas, pero que si era necesaria asistencia médica para o ocupante do turismo.
Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios do 061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, xa que tamén era necesario dirixir o tráfico, debido a que estaban a obstaculizar a vía.