Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia recupera os efectivos desprazados a Castela e León ante o risco de incendios

Galicia recupera os efectivos desprazados a Castela e León ante o risco de incendios

Os preto de 80 profesionais do SPIF regresan para reforzar o dispositivo autonómico ante a previsión de maior perigo 

Xunta Xunta
G24.gal 28/07/2026 12:32

Os efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta desprazados nos últimos días a Castela e León e Madrid regresan este martes a Galicia ante o aumento do risco de incendios previsto para os próximos días. 

Segundo informou a Xunta, o cambio nas condicións meteorolóxicas obriga a manter despregado todo o operativo na comunidade e en estado de máxima alerta. O dispositivo galego colaborou na extinción dos grandes incendios de León e Ávila, onde participaron brigadas, axentes, técnicos, helicópteros, motobombas e maquinaria pesada. 

O Goberno galego lembra que Galicia presta habitualmente apoio a outras comunidades autónomas e tamén a Portugal cando a situación o require, como xa ocorreu en anteriores campañas de incendios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade