Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dun coche nun garaxe obriga a desaloxar un edificio en Santiago

O incendio dun coche nun garaxe obriga a desaloxar un edificio en Santiago

O lume alcanzou un segundo vehículo, que tamén quedou calcinado

A  intervención dos bombeiros da cidade logrou que o lume non se propagara polo inmoble, aínda que as canalizacións da auga e do saneamento víronse afectadas

G24.gal 28/07/2026 14:31 Última actualización 28/07/2026 14:46

Adrián é o propietario do vehículo híbrido e case novo que prendeu lume neste garaxe de Santiago.

"Estamos vivos porque, por sorte, non había ninguén", di.

Cando se dispuña a coller o coche para marchar á praia, sorpendíao unha gran columna de fume e o barrio, mobilizado, xa dera aviso ao servizo de Emerxencias. 

"Vira fume cando viña pola rúa, había xente e todo e claro , vaia susto" "Eu non sabía onde estaba estaba en estado de shock aínda sigo, non puiden durmir". "O coche, para nada xa".

O lume alcanzou un segundo turismo estacionado a poucos metros. Os dous vehículos quedaron totalemente calcinados. Os bombeiros estiveron traballando arredor dunha hora para sufocalo. 

"Había gran cantidade de fume no edificio porque como había moita calor os veciños tiñan as ventás abertas. O que fixemos foi ventilar o edificio e extinguir os dous vehículos", explica Manuel Sanmartín, oficial xefe do parque de bombeiros de Santiago.

No edificio residen doce familias que tiveron que saír das casas.

"Entendo que alertou alguén do edificio e tomaron a decisión eles de evacuar" "o problema é que afectou as canalizacións e non tiñan nin auga nin saneamento", relata Sanmartín.

Os bombeiros aseguran que o numero de incendios aos que acoden provocados por coches eléctricos e de de combustión é similar.

"Arden tabletas, arden móbiles... O problema das baterías estancas é que non expulsan gases e se hai un problema poden estoupar... A nós pasounos nun vehículo aquí o outro día", di o oficial dos bombeiros de Santiago.

Fontes próximas á investigación descartan que o lume fose provocado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade