Evacúan otros 4.000 turistas polo megaincendio preto de Bordeos
A nova vaga de calor obrigou a desaloxar varios cámpings de Lacanau ante o risco de reactivación do lume
EuropaPress
Arredor de 4.000 turistas que se atopaban en varios cámpings e residencias da localidade francesa de Lacanau están a ser evacuados de forma preventiva ante o risco de que a nova vaga de calor agrave o megaincendio declarado nas proximidades de Bordeos.
A Prefectura da Xironda explicou que a decisión responde á previsión dun empeoramento das condicións metereolóxicas, con temperaturas de 37 graos este martes en Bordeos e 38 o mércores, ademais de vento, factores que poderían favorecer a reactivación das lapas.
42.000 hectáreas queimadas
O incendio xa arrasou 42.000 hectáreas e obrigou á evacuación preventiva de preto de 220.000 persoas en 23 municipios. Ademais, unhas 240 vivendas resultaron calcinadas e preto de 13.000 empresas permanecen pechadas, o que afecta uns 130.000 traballadores.
O lume tamén provocou o peche de varias vías de comunicación da contorna de Bordeos, entre elas a autoestradas A-63 en dirección á fronteira española.