Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Bordeos dá un respiro: "Descartamos polo de agora a evacuación da cidade"

O incendio de Bordeos dá un respiro: "Descartamos polo de agora a evacuación da cidade"

O lume arrasou xa con 42.000 hectáreas e obrigou a evacuar 220.000 persoas, que aínda non poden regresar ás casas

G24.gal 27/07/2026 10:43 Última actualización 27/07/2026 12:41

O megaincendio declarado o pasado mércores na contorna de Bordeos, no suroeste de Francia, mantívose "globalmente estable" durante a última noite, segundo informou a Prefectura da Gironda. A pesar da mellora, o lume continúa fóra de control tras calcinar 42.000 hectáreas e provocar a evacuación dunhas 220.000 persoas. 

As autoridades sinalaron que non se rexistraron cambios significativos durante a madrugada e que os efectivos de emerxencia continúan plenamente mobilizados sobre o terreo. A situación mellora respecto ás dúas noites nateriores, marcadas pola aparición de pirocumulonimbos, un fenómeno que xera tormentas de lume e dificulta de forma extrema os labores de extinción.

As altas temperaturas ameazan con complicar a situación 

A Prefectura advertiu de que os evacuados non poderán regresar ás súas vivendas ata que o incendio estea perimetrado, un obxectivo que podería complicarse a partir de este martes pola previsión de temperaturas de ata 40 graos na zona. 

O alcalde de Lège-Ca-Ferret, Phillipe de Gonneville, asegurou que o incendio deu un "respiro", pero advertiu de que "as próximas horas serán decisivas". A portavoz do Goberno francés, Maud Bregeon, insistiu en que, polo momnto, non está previsa a evacuación da cidade de Burdeos, aínda que recoñeceu que se trata dun incendio "moi difícil de anticipar". 

Récord histórico de superficie queimada 

Francia acumula xa 115.000 hectáreas calcinadas no que vai de ano, unha cifra récord, segundo confirmou o ministro do interior, Laurent Nuñez. Ademais do incendio da Xironda, permanecen activos outros grandes lumes nos departamentos de Var, As Landas e Córsega. 

O presidente francés, Emmanuel Macron, presidirá este luns unha reunion da célula da crise para avaliar a evolución dos incendios e coordinar a resposta das administracións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade