Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece a balea varada na praia de Sabón despois de ser remolcada a mar aberto

Falece a balea varada na praia de Sabón despois de ser remolcada a mar aberto

A balea foise ao fondo mariño aparentemente morta, segundo confirmou o Cemma

Salvamento Marítimo Salvamento Marítimo
G24.gal 27/07/2026 12:53 Última actualización 27/07/2026 15:49

Unha balea duns cinco ou seis metros que quedou varada este luns na a praia de Sabón, en Arteixo, faleceu pouco despois de ser remolcada a mar aberto.

Tal e como trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou ás 8:40 horas desta mañá da presenza do cetáceo no areal coruñés. Emerxencias pasou o aviso a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, a Policía local, Protección Civil de Arteixo e Gardacostas de Galicia.

Segundo ampliou Salvamento Marítimo, Protección Civil alertou os Controladores Marítimos da Coruña, solicitando asistencia para remolcar ao animal, que se atopaba próximo ao dique do porto exterior.

Ata o punto desprazouse a embarcación de rescate Salvamar Betelgeuse, que remolcou á balea. Finalmente, segundo a información da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), a balea foise ao fondo mariño aparentemente morta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade