O vento complica a extinción dos incendios en Madrid e Ávila
O lume segue sen estabilizar e mantén tres frontes abertas; a zona máis activa está ao norte do encoro de San Juan
Ávila rexistra o maior incendio en España desde que hai datos
EFE
Os incendios da Comunidade de Madrid perderon intensidade nas últimas horas, o que permitiu aos medios de extinción actuar con maior eficacia. Con todo, o lume continúa activo e sen estabilizar, con tres frontes abertas, a máis activa ao norte do encoro de San Juan.
Segundo a Delegación do Goberno, máis de 55.000 persoas permanecen desaloxadas, evacuadas ou confinadas. Ademais, cotinúan cortadas varias estradas da rede autonómica, mentres as autoridades insisten e pedir á ciudadanía que extrema as precaucións e siga a información a través das canles oficiais.
Cinco días de incendio en Ávila
Mentres, o incendio declarado o pasado mércores en Burgohondo (Ávila) fai este luns cinco días activo. O lume, considerado o máis devastador rexistrado en España desde que existen datos, mantén desaloxadas unhas 40.000 persoas en dezaseis municipios e afecta un perímetro de 160 quilómetros.
O vento complicou a situación durante a madrugada, ao provocar pequenas reactivacións, en distintos sectores do incndio, especialemente nas zonas de Mijares, Gavilanes, Casavieja, La Adrada, Sotillo e Piedralaves. A situación mellorou a partir das cinco da mañá. cando diminuíu a intensidade do vento.
O viceconselleiro de Medio Ambiente de Castela e León, Jorge Llorente, cualificou o incendio de "especialmente complicado" polas numerosas incógnitas que presenta a súa evolución. Ademais, pediu prudencia á cidadanía e lembrou queu nha persoas permanece detida como presunta responsable do lume, supostamente orixinado durante uns traballos de maquinaria pesada.