Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios acadan cifras inéditas en Francia, con 200.000 evacuados no suroeste

Os incendios acadan cifras inéditas en Francia, con 200.000 evacuados no suroeste

Hai 30 incendios activos e máis de 98.000 hectáreas calcinadas 

A gravidade excepcional dos lumes levou a tomar a decisión de acurtar o Tour de Francia no percorrido da etapa final

Coches danados polo lume en Le Porge. REUTERS/Stephane Mahe Coches danados polo lume en Le Porge. REUTERS/Stephane Mahe
G24.gal 25/07/2026 19:06 Última actualización 25/07/2026 21:08

Os incendios forestais alcanzaron magnitudes inéditas en Francia, con 98.000 hectáreas abrasadas no que vai de ano e a preocupación centrada no suroeste do país, onde hai case 200.000 evacuados, a gran maioría polo lume na rexión da Gironda que está a unha vintena de quilómetros de Bordeos.

Só o foco da Gironda, que se orixinou o mércores na zona da turística da baía de Arcachón, mantén evacuadas a 167.00 persoas, incluídos veciños da área metropolitana de Bordeos, xa que as chamas percorreron ata a data 32.700 hectáreas, de acordo ao último reconto facilitado pola prefecto da rexión, Sophie Brocas.

"Este incendio segue sendo perigoso, pero perdeu algo de intensidade grazas ao descenso das temperaturas e ao aumento da humidade", afirmou Brocas nunha comparecencia de prensa, aínda que apuntou que segue sendo posible un empeoramento por culpa dos cambios de dirección do vento.

En total, este lume destruíu xa 140 casas e hai uns 1.500 bombeiros traballando sobre o terreo, apoiados por ata un milleiro de militares.

Desde o aire contribúen á extinción 18 medios aéreos de distinto tipo e a eles uniuse esta tarde un avión de transporte militar A400, adaptado para a loita contra o lume, con capacidade para lanzar vinte toneladas de produto retardante.

Aínda que a súa entrada en acción non estaba prevista ata dentro duns días, o primeiro ministro francés, Sébastien Lecornu, tomou este sábado a decisión de adiantar a súa posta en uso.

O Airbus A400M participa na extinción do lume preto de Lacanau. REUTERS/Abdul Saboor O Airbus A400M participa na extinción do lume preto de Lacanau. REUTERS/Abdul Saboor

Ata 1.500 militares despregados

As Forzas Armadas aumentarán ata 1.500 os efectivos militares despregados sobre o terreo a partir das últimas horas deste sábado.

Os militares terán como misión principal apoiar a evacuación das poboacións que residen nas zonas ameazadas polos incendios, protexer as vivendas que quedasen sen vixilancia e a seguridade das instalacións industriais.

Tamén prestarán apoio médico e solucións de transporte e de aloxamento para os evacuados, como entrega de auga e de camas pregables de campaña.

O parque de Exhibicións de Bordeos converteuse en refuxio dos evacuados polos lumes. REUTERS/Manon Cruz/File Photo O parque de Exhibicións de Bordeos converteuse en refuxio dos evacuados polos lumes. REUTERS/Manon Cruz/File Photo

O Tour de Francia acurtado

A gravidade excepcional dos incendios levou aos organizadores do Tour de Francia e ás autoridades francesas a tomar a decisión de acurtar o percorrido da etapa final desa competición, cuxa última etapa discorrerá este domingo, en París.

Casa incendiada en Le Porge. REUTERS/Stephane Mahe Casa incendiada en Le Porge. REUTERS/Stephane Mahe

Tres homes foron detidos por cargos relacionados con provocación de lumes

Tres homes foron detidos este sábado por cargos relacionados coa provocación de lumes na rexión de Gironda.

Dous dos detidos son, segundo informacións da Fiscalía de Bordeus citadas pola cadea pública Franceinfo, dous homes de 19 e 21 anos, empregados do sector da restauración, que foron arrestados de madrugada na-Teste-de-Buch, ao sur da turística baía de Arcachón.

Acúsallos de lanzar fogos artificiais en dirección á autovía e a un complexo deportivo.

O terceiro detido, de acordo ás mesmas fontes, é un home de 33 anos que foi arrestado na periferia de Bordeos, "por prender lume a arbustos intencionadamente".

Bombeiros traballan na extinción do lume. REUTERS/Stephane Mahe Bombeiros traballan na extinción do lume. REUTERS/Stephane Mahe
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade