Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca da moza de 24 anos que desapareceu o pasado martes en Lugo

Continúa a busca da moza de 24 anos que desapareceu o pasado martes en Lugo

O dispositivo céntrase na contorna do río Miño ao seu paso pola cidade lucense e nas proximidades do seu posto de traballo, situado á beira fluvial

G24.gal 25/07/2026 20:05

As pescudas para dar co paradoiro da moza de Lugo que falta da súa casa céntranse no entorno do río Miño ao seu paso pola capital lucense. Desde que a familia cursou a denuncia ante a Policía Nacional están buscándoa por todos os medios. 

De momento os traballos de busca non deron con ningún indicio sobre esta moza. A asociación SOS Desaparecidos activou unha alerta e colgou carteis informativos en lugares estratéxicos. Pódense ver nas proximidades do río Miño e tamén na área comercial na que traballa, situada moi próxima á canle fluvial. 

A derradeira vez que a viron levaba a camiseta do seu centro de traballo. Foi nesta rúa do barrio da Milagrosa en Lugo, onde tamén hai carteis informando da súa desaparición. Sen embargo, ninguén sabe que puido ocorrer. 

Carmen, de 24 anos, ten o seu domicilio na parroquia de San Xoán de Tirimol, a oito quilómetros de Lugo. A súa familia solicita a colaboración cidadá por se poden achegar algunha información sobre a súa localización. 

A Policía Nacional ten aberta unha investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade