Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o cadáver do mozo desaparecido tras ser arrastrado pola corrente na desembocadura do Miño

Atopan o cadáver do mozo desaparecido tras ser arrastrado pola corrente na desembocadura do Miño

Segundo informa o 112 Galicia, foi encontrado nas inmediacións do punto onde fora visto por última vez nadando no río, entre Seixas e a illa de Cavalos, en territorio luso

G24.gal 22/07/2026 11:52

Unha embarcación da Comandancia Naval do Miño localizou nas últimas horas o cadáver do mozo de 23 anos desaparecido o pasado domingo despois de ser arrastrado pola corrente na desembocadura do río Miño.

Segundo informa o 112 Galicia, foi encontrado nas inmediacións do punto onde fora visto por última vez nadando no río, entre Seixas e a illa de Cavalos, en territorio luso.

O mozo atopábase xunto a cinco amigos na zona, no municipio portugués de Caminha. Segundo informou a autoridade marítima lusa, a alerta foi dada ás 14:40 horas do domingo polos seus propios acompañantes e, nese momento, activouse a procura polo río e as súas marxes. Así, un amplo dispositivo de procura, coordinado por Portugal e apoiado por medios galegos, tratou durante días de localizar o rapaz, cuxo cadáver foi atopado esta mañá pola Comandancia Naval do Miño, segundo fontes consultadas.

Tamén participaron efectivos da Polícia Marítima de Caminha, do proxecto SeaWatch, dos Bombeiros Voluntarios de Caminha e Vila Nova de Cerveira, alén dunha embarcación do NRP Río Miño e varias embarcacións particulares

Pola súa banda, Galicia mobilizou múltiples medios: unha embarcación da Armada Española, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia -que mobilizou o helicóptero Pesca I-, os Bombeiros do Baixo Miño, o GES da Guarda, a Garda Civil e Protección Civil do Rosal.

Cabe apuntar que A Guarda está fronte a Caminha e entrambos os municipios desemboca o río Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade