Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil chama á colaboración cidadá para localizar un home de 67 anos desaparecido en Culleredo

A Garda Civil chama á colaboración cidadá para localizar un home de 67 anos desaparecido en Culleredo

José Manuel Baeza duran desapareceu este venres en Culleredo

A Garda Civil cualifica esta desaparición como de alto risco, debido a que o home padece problemas de saúde que requiren atención e seguimento constante

José Manuel Baeza Durán, desaparecido este venres en Culleredo. Foto facilitada pola familia José Manuel Baeza Durán, desaparecido este venres en Culleredo. Foto facilitada pola familia
G24.gal 18/07/2026 14:20

A Garda Civil solicita a colaboración cidadá urxente para a localización de José Manuel Baeza Durán, un veciño de Culleredo de 67 anos de idade, cuxa desaparición foi catalogada de alto risco debido a que padece problemas de saúde que requiren atención e seguimento constante.

​O home ausentouse do seu domicilio familiar, ás 21.00 horas do pasado venres, 17 de xullo. ​Descrición física e vestimenta ​No momento da súa desaparición, o home vestía roupa de pixama e non portaba consigo documentación, diñeiro nin teléfono móbil.

Segundo describe a Garda Civil, José Manuel Baeza véstía ​pantalón curto de pixama de cor azul con debuxos de palmeiras, camiseta de manga curta de cor gris con letras azuis na parte dianteira. ​Calzaba unhas sandalias de cor azul.

Destaca a Benemérita que, debido ás súas patoloxías médicas (padece párkinson e acúfenos severos), esta persoa atópase nunha situación de especial vulnerabilidade e desorientación.

No comunicao solicítase a colaboración da cidadanía e rógase aos medios de comunicación a máxima difusión desta alerta. Solicítase a calquera cidadán que poida achegar pistas, que o vise ou que teña coñecemento do seu paradoiro, que se poña en contacto de inmediato coas Forzas e Corpos de Seguridade a través das seguintes canles: ​Emerxencias Guardia Civil e 062 ​Emerxencias Galicia: 112.

Fotografía facilitada pola familia para localizar a José Manuel Baeza Durán Fotografía facilitada pola familia para localizar a José Manuel Baeza Durán
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade