Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan un ciclista cunha intoxicación severa por alcol en Camariñas

Interceptan un ciclista cunha intoxicación severa por alcol en Camariñas

A Garda Civil deulle o alto aos cinco minutos do inicio da campaña de control na Ponte do Porto

O home cuadruplicou a taxa permitida e deu 1,04 mg/l na segunda proba que lle fixeron no lugar

FOTO: Garda Civil FOTO: Garda Civil
G24.gal 18/07/2026 10:12 Última actualización 18/07/2026 14:23

O destacamento de Tráfico de Corcubión, pertencente ao Subsector da Garda Civil da Coruña, interceptou e sancionou un ciclista que multiplicaba por catro o límite de alcol permitido en Camariñas.

Foi unha das intervencións máis temperás e atípicas da actual campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, xa que se produciu apenas cinco minutos despois de que botara a andar en todo o territorio.

A patrulla parou o home ás 00:05 horas na parroquia da Ponte do Porto, no punto quilométrico 0,300 da estrada DP-1603. Tras observar indicios evidentes de que se atopaba baixo os efectos do alcol, os axentes fixéronlle os test regulamentarios.

Os resultados en aire expirado confirmaron unha intoxicación severa do condutor, que cirbulaba só. Na primeira proba deu 0,94 miligramos por litro e na segunda, 1,04 mg/l.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade