A barba tamén ten o seu Día Mundial: o primeiro sábado de setembro
Os barbeiros aseguran que, para lucila ben, non abonda con deixala medrar: tamén a hai que coidar
Un dos estilos que máis se leva é a barba italiana
No día mundial da barba, o barbeiro Mohamed aproveitou para retocar a súa, ainda que recoñece que non sabía que se celebraba este día.
"A vedade é que non o sabía, con tanto traballo non me din conta"
Teñen moito traballo, porque - segundo din- a barba está de moda. Entre a gran variedade de estilos, un dos que máis se leva é a barba italiana.
"A barba italiana é cando tes pouca densidade, é toda degradada. Vese un máis noviño, vese moi ben", explica Mohamed Habti, propietario dunha barbería en Santiago
"Empezamos con cero na parte de arriba e vén cun degradado: así queda máis chula, e marcamos o bigote tamén máis fino. Así queda mellor", explica o barbeiro Mohamed Hattab.
O emprego de aceites, bálsamos e doutros produtos especificos son parte importante da rutina de coidado.
" O aceite dalle un brillo, nótase máis brillante a barba"
O Día Mudial da Barba celébrase cada primeiro sábado de setembro, desde que se instituíu hai 16 anos. Os barbeiros din que a mellor maneira de homenaxeala é coidándoa no día a día.