Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro xeracións de barbeiros na mesma familia

Catro xeracións de barbeiros na mesma familia

Nunha época en que todo vai rápido, custa atopar negocios que perduren, deses que pasan de pais a fillos

En Vigo, mantense unha barbería de toda a vida rexentada xa pola pola cuarta xeración de profesionais dunha mesma familia

G24.gal 24/03/2026 20:10

As novas barberías buscan unha estética vintage, pero na de Juan Rodríguez, en Vigo, a tradición vén de serie. A cadeira de brazos onde sentan os clientes data do ano 73, naquel entón custaba case o memso que un coche.

Juan Rodríguez Alonso, responsable da barbería Juan, explica que non todo cambiou: "As ferramentas son as mesmas: tesoiras, máquinas... Tamén o afeitado: nós practicamos o afeitado tradicional enxabonando. Hai navalla barbeira, pero prácticamente non se emprega, usamos navallas de coitela que son máis hixiénicas".

Juan e o seu irmán herdaron a profesión do seu pai, pero xa o seu bisavó se dedicara ao mesmo.

 "Dende case de rapaz, dende os 16 anos, seguimos a estala do meu pai. Decidimos nós continuar coa profesión", relata Juan. 

Os clientes agradecen o saber facer e a proximidade deste tipo de negocios. Polo momento a filla de Juan é demasiado nova para saber se continuará coa tradición familar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade