Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cervexa artesá, un sector en constante innovación que achega outro xeito de degustar esta popular bebida

A cervexa artesá, un sector en constante innovación que achega outro xeito de degustar esta popular bebida

O prezo é máis elevado, de media sitúase entre os 3 euros e medio e os 4 

G24.gal 31/08/2026 21:18 Última actualización 31/08/2026 21:42

Na Coruña hai un local que a única cervexa que serve é artesá. Dispón de máis de cen referencias de fabricación artesanal, varias delas galegas. Todo pensado para un público que busca outro xeito de degustala.

"Case é un ritual. Primeiro cheiras, logo miras, despois bebes. Todo iso existe", explica Jorge Díaz, da Cervexaría Caneca Furada.

Susana Noya, de Noya´s Bar e creadora da cervexa artesá La Rica, engade que o público valora "saber que detrás de cada cervexa hai algo especial, que o fixo una persoa e nunhas cantidades moi limitadas".  

O prezo é máis elevado. De media sitúase entre os 3 euros e medio e os 4 euros.

"É máis cara de elaborar e ten que ser máis caro tamén á hora de vender. Os ingredientes non son os mesmos, a produción non é a mesma e os tempos non son os mesmos", sinala Jorge de Caneca Furada.

Susana Noya, de Noya´s Bar, indica que "nós fixemos a nosa cervexa e puxemos un prezo moi económico de 2,5 euros a caña e iso achegou moitísimo a xente á cervexa artesá".   

Un sector que segue a medrar.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade