Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinte e nove muralistas reinterpretan Velázquez nas Meniñas de Canido

Vinte e nove muralistas reinterpretan Velázquez nas Meniñas de Canido

Desde 2008, o barrio transforma e revitaliza con arte urbana este barrio ferrolán

G24.gal 05/09/2026 21:17

As Meniñas de Canido é moito máis que un festival de arte urbana, é un movemento creativo e social que desde 2008 transforma con pintura e talento un dos barrios con máis personalidade de Ferrol. 

Cando o alumnado do instituto de Canido volva ás aulas a semana que vén, descubrirán a mirada serena da infanta Margarida na fachada lateral do centro de ensino. O mural é obra do catalán Uri Cateura.

"Racha co tema das galerías e os museo, que son espazos pechados. O bo da rúa é que hai un diálgo permanente co público", di o artista.

Tamén é a infanta Margarida a muller que protagoniza a pintura da xienense Ana Corazón.

"Deixa a un lado o papel de infanta nena e princesa. Xa é unha muller, está espida e leva unha rosa simbólica no peito. Ten outra mirada", comenta.

A pintura universal de Velázquez inspira as obras que desde 2008 transforman e dignifican Canido. Arte en vivo e orgullo de barrio.

"Hai xente moi boa pintando, artistas que fan auténticas marabillas a nivel mundial. Paga moito a pena vir para ver como crean e logo ver o resultado que é impresionante".

"Move a xente e xúntanos, convídannos a facer sociedade e a relacionarnos", argumentan.

Vinte e nove artistas plasman a súa visión das Meniñas nesta edición do festival, a número dezaoito. Repite Shfir, un dos artistas urbanos máis influíntes do panorama internacional que este ano pinta unha das obras de maior tamaño do festival. Hai máis de trescentos murais repartidos por fachadas e muros de todo o barrio. Para atopalos, só hai que perderse a pé polas súas rúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade