Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mural do artista local Dani Caxete representa a Semana Santa de Viveiro no casco histórico

Un mural do artista local Dani Caxete representa a Semana Santa de Viveiro no casco histórico

A pintura, na fachada dunha casa moi próxima á igrexa de Santa María, representa o Cristo da Agonía e xurdiu dunha iniciativa da Xunta de Confrarías

G24.gal 05/11/2025 20:54 Última actualización 05/11/2025 21:06

Desde hai uns días, Viveiro conta cun símbolo máis relacionado coa Semana Santa. Trátase dun mural situado na zona histórica da vila, onde esta celebración se vive con moito fervor. Asegura o autor, Dani Caxete, que lle deron "vía libre para escoller o motivo que eu quixera, que fose relixiosa e que representase a Semana Santa de Viveiro".

O mural representa unha das figuras máis simbólicas da Semana Santa de Viveiro, recoñecida como de Interese Turístico Internacional. A iniciativa de facelo xurdiu da Xunta de Confrarías. Según o presidente da agrupación, José Veiga, "optamos polo Cristo da Agonía porque é moi representativo de Viveiro e quedou espectacular".

Recoñece o autor que o máis complicado foi o ano de preparación do mural. A execución levoulle pouco máis de dúas semanas. Lembra Dani Caxete que o foi laborioso "polas dimensións e pola textura ao tratarse dunha parede rústica".

Situado nas proximidades da igrexa de Santa María, xa é unha razón máis para visitar Viveiro. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade