Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ladróns do Tesouro de Villena deixan atrás unha das pezas máis valiosas

Os ladróns do Tesouro de Villena deixan atrás unha das pezas máis valiosas

Trátase dun brazalete feito con ferro extraterrestre, obtido dun meteorito

O botín que levaron os ladróns está valorado nuns dous millóns

O Tesouro de Villena é unha colección de ourivaría da Idade de Bronce formada por 59 pezas de ouro, prata, ferro e ámbar

EFE EFE
G24.gal 28/08/2026 20:34

Os ladróns do Tesouro de Villena levaron un botín que se calcula en case dous millóns de euros. A colección de ourivaría da Idade de Bronce está formada por 59 pezas, moitas de ouro e prata.

Este venres transcendeu que deixaron atrá unha das máis valiosas. É un brazalete de ferro que aparenta ser ferralla oxidada, pero resulta que está feito con ferro extraterrestre, obtido dun meteorito. Foi en 2024 cando o analizaron e descubriron ese detalle.

O Museo de Villena permanece pechado sen data de reapertura tras o asalto exprés cometido a madrugada deste xoves no que polo menos tres persoas encapuchadas roubaron gran parte do Tesouro de Villena, da Idade de Bronce.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Alacante continúa coa investigación do roubo dun dos conxuntos máis valiosos da Idade de Bronce en Europa, de incalculable valor patrimonial.

O conxunto de pezas do Tesouro de Villena foi descuberto polo arqueólogo José María Soler e os seus colaboradores en 1963 e está composto por 66 pezas de distintos materiais, entre os que destaca o ouro. Só os obxectos do material precioso alcanzan os case 10 quilogramos de peso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade