Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban en dous coches en Ourense na mesma noite e a pouca distancia

Rouban en dous coches en Ourense na mesma noite e a pouca distancia

Rompen as ventás e usan obxectos contundentes, sobre todo, tapas de sumidoiros

As zonas de paso cara aos supermercados da droga son as máis afectadas

G24.gal 15/10/2026 14:47

"Tiña un pedazo bloque dentro co cristal rompido e todo remexido por dentro", relata unha testemuña.

No asfalto quedan aínda os últimos restos dos cristais esnaquizados. Na mesma noite, foron dous coches. Algo que os propios afectados case teñen normalizado. 

"Por aí abaixo teñen aparecido máis coches, incluso no meu romperon a ventá e entraron". "Na zona do Vinteún hai un sitio onde se vende droga e pasa bastante xente con adiccións e é bastante habitual, igual que pola Ponte".

O modus operandi repítese. O máis recorrente, con tapas dos sumidoiros.

"Sacaron a tapa do desaugadoiro e romperon a ventá traseira porque como iso pesa, con deixalo caer xa rompe a ventá. Foi sobre as catro da tarde. Fano deseguido e a calquera hora".

"É un método que é sinxelo no que non podes actuar se non os colles na allada porque non levan utensilios para roubar senón que se aproveitan de cousas que hai na vía pública", confirma Antonio Pousa, voceiro do SUP de Ourense.

Son roubos, furtos, ao chou. Válelles todo con tal de poder pagar unha dose rápida.

"No primeiro roubáronme uns dez euros porque non tiña nada máis. A segunda si que por culpa miña, deixei a raqueta de pádel á vista, uns guantes de boxeo e unha camisa Lacoste e algo de efectivo porque sempre levo algo solto no coche", detalla unha das vítimas.

As zonas máis afectadas son as de paso cara aos puntos de venda. Levaban un tempo tranquilos, pero os últimos golpes volven disparar as alarmas.

"Son cíclicos, en función de se eses delincuentes están en liberdade e consumindo ou se están en prisión", explica o voceiro do sindicato policial.

Daquela, aparcar nesas rúas depende de como ande a Lúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade