Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Bamio, en Vilagarcía, piden máis batidas para reducir o número de xabarís que cruzan a PO-548

Veciños de Bamio, en Vilagarcía, piden máis batidas para reducir o número de xabarís que cruzan a PO-548

Provocan accidentes ao atravesar acotío a estrada de Vilagarcía a Pontecesures para baixar ata o mar 

G24.gal 15/10/2026 15:03

As leiras fozadas dan boa proba da presenza habitual de xabarís en Bamio. Os veciños din que xa non plantan millo nin patacas por culpa deles, pero que agora lles comen a froito ou canto atopan.

Ademais resaltan a súa habilidade para saltar os valos e das leiras e para manter as súas rutas habituais. Pero amais dos estragos nas leiras o que lles preocupa é o perigo que supoñen nas estradas, sobre todo na PO-548, a estrada litoral de Vilagarcía a Pontecesures que ten unha grande intensidade de tráfico.

"Os coches van a 90 ou a 100, e sáeche un bicho deses e como trates de evitalo pode haber mortes", aseguran. 

Un sinal luminoso alerta de que é unha vía perigosa, polo número de accidentes que se rexistraron, o último esta mesma semana. Jesús sabe das consecuencias, porque moitas veces os coches acaban no seu taller.

"Cada mes un coche ou dous veñen seguro. Se o bicho é pequeno dánalle máis por baixo, o radiador e o circuíto da auga, pero se é grande xa ten outros danos, capós, defensa, faros...", conta.

Unha reparación pode chegar ata os 4.000 euros, un custo que non sempre asume o seguro. "Hai xente que ten seguro contra danos cinexéticos e cúbrelle, pero a terceiros non cubre", explica Jesús.  Por iso pide que se fagan máis batidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade