Ser muller rural, empredemento feminino en contornas masculinizadas
Os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais recoñecen proxectos da Costa da Morte e Cariño
Son todas as que están, pero non están todas as que son. Mulleres rurais que destacan, que emprenden e abren camiño foron premiadas este xoves en Madrid. É o caso do chamado Modelo Colaxe que creou na Costa da Morte unha rede con máis de 20 casas do maior xestionadas por mulleres rurais.
"Sabemos que a Costa da Morte ten moita xente soa, moita xente maior que estaba buscando coidadoras. A nosa innovación foi unir esas dúas realidades. Empezamos como formación, pasamos ao emprego e de aí ao emprendemento feminino e despois á economía social", sinala Natali Asorei, impulsora de Modelo Colaxe.
Tamén houbo recoñecemento para as redeiras, artesás indispensables no sector primario que se uniron coas mariscadoras para diversificar o seu sector e acadar relevo xeracional.
"O traballo de redeira é indispensable e invisible, coma nós aínda, e levamos anos de loita. Como non tempo un salario digno queriamos mellorar a economía familiar e creamos un proxecto de turismo, formación e facemos talleres e obradoiros", relata Rocío Lozano, da Asociación Profesional de Redeiras de Cariño.
Tampouco faltaron recoñecementos ás mulleres rurais en moitos puntos de Galicia, onde destacaron que, tras romper moitos teitos de cristal, agora hai mulleres referentes en todos os sectores.