Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case mil sinaturas esixen unha actuación urxente no miradoiro da Espenuca, en Coirós

Case mil sinaturas esixen unha actuación urxente no miradoiro da Espenuca, en Coirós

O miradoiro está completamente cegado por eucaliptos que impiden a vista e hai risco de seguridade para a contorna 

A mobilización veciñal é un clamor, con case 1.000 sinaturas nun concello que non chega aos 2.000 habitantes 

G24.gal 15/10/2026 14:19

Case 1.000 sinaturas nun concello que non chega aos 2.000 habitantes. Son dos veciños de Coirós, que esixen as diferentes administracións a recuperación e posta en valor do miradoiro da Espenuca, completamente cego por mor dos eucaliptos. Piden tamén a rehabilitación integral da contorna da igrexa e o camposanto.

O miradoiro da Espenuca, en Coirós, é un dos enclaves paisaxísticos, culturais e históricos máis destacados da comarca das Mariñas. Porén a vista está cega. A deterioración do lugar é tal que a mobilización veciñal non agardou máis. Presentaron no Concello, Deputación e Ministerio un documento ante unha situación que urxe mudar. Esixen, din, "algo tan sinxelo como que se aplique a lexislación vixente".

A panorámica 360 non se pode gozar desde hai máis de 40 anos. En 2015 cortaron unha parte deixando a vista en 120. Desde aquela nada se fixo e a preocupación medra, non só polo cegamento do lugar: "un incendio", di Miguel Gayoso, veciño de Coirós, "acabaría co miradoiro e coa contorna". 

A demanda veciñal é un clamor coñecido por todos. Así o demostran as case mil sinaturas. Polo momento non obtiveron resposta de ningunha das administracións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar