Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda comprométese a impulsar o emprendemento feminino no rural

Rueda comprométese a impulsar o emprendemento feminino no rural

O presidente da Xunta puxo en valor o papel da muller no desenvolvemento do rural galego

Alfonso Rueda participou nas xornadas da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural, Afamer

G24.gal 18/10/2025 14:39 Última actualización 18/10/2025 14:52

Os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Rural continúan esta fin de semana. O presidente da Xunta participou hoxe en Santiago nas xornadas da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural, Afamer.

Alfonso Rueda puxo en valor o papel da muller no desenvolvemento do rural galego. Rueda comprometeuse a seguir traballando a prol da igualdade real de oportunidades e a impulsar o emprendemento feminino no rural. 

"Esta Galicia Calidade que queremos implantar e manter alexada do ruído que se apodera de España e nada aporta e moito prexudica, ten nas mulleres unha enorme forza. Todas esas mulleres que dan un paso á fronte, que non queren que pechen explotacións e empresas no rural e que están dispostas e cada vez máis formadas teñen o noso apoio", concluíu o presidente Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade