O exalcalde Orozco disposto a ir ao Senado por Lugo se conta co apoio do Partido Socialista
O exalcalde asistíu a asemblea local do PSdeG en Lugo
En Lugo a confección das listas socialistas para o 29N viuse axitada polo posible regreso a primeira liña política do exalcalde José Lopez Orozco, apoiado polas bases para ir na candidatura ao Senado.
O exmandatario asistíu a asemblea local do partido na cidade das murallas, sen a presencia do secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen se excusou por problemas de axenda.
No encontro do Psoe de Lugo o foco estaba posto no exalcalde, proposto por unha vintena de agrupacións da provincia para ir nas listas ao Senado.
López Orozco renunciou á alcaldía de Lugo en 2015 trala súa imputación en varias causas xudiciais como a Pokemon, todas elas posteriormente arquivadas. Hoxe amosa disposición pra regresar a actividade política como senador se así o decide o partido.
"Se teño esa sorte de que me apoien os compañeiros e compañeiras e de que logo os órganos do partido consideren que valgo para o tema pois encantado de servir outra vez a todos".
Orozco non falou co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, ausente na asemblea lucense. O exrexedor agradece o cariño das bases pero enfría expectativas á espera de que conclúe o proceso interno de elección de candidatos.
"Únicamente é unha presentación de candidatos e logo os órganos do partido toman a decisión. Un xa peina canas e xa se verá"
A proposta de Orozco para o Senado podería tensionar o proceso interno de confección de candidaturas se os órganos dirixentes socialistas apostan pola continuidade de César Mogo na Cámara Alta.