Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba o segundo Plan de Acción de Mocidade con 60.000 millóns de euros

O Goberno aproba o segundo Plan de Acción de Mocidade con 60.000 millóns de euros

Pretende impulsar máis de 300 medidas en materias como a educación, o emprego, a vivenda, a saúde, a igualdade ou a participación, e recolle as demandas de entidades xuvenís

G24.gal 13/10/2026 14:29

O Consello de Ministros aprobou este martes o Plan de Acción de Mocidade ata 2028, que mobiliza case 60.000 millóns de euros para impulsar máis de 300 medidas en materias como a educación, o emprego, a vivenda, a saúde, a igualdade ou a participación, e recolle as demandas de entidades xuvenís.

Entre as medidas incluídas no plan, resultado dun proceso participativo con máis de 70 organizacións xuvenís, atópanse bolsas e axudas ao estudo, programas de emprego xuvenil, o Bono Cultural Novo, medidas de mobilidade como o Verano Joven ou políticas de emancipación, relatou a ministra de Mocidade e Infancia, Sira Rego, en conferencia de prensa tras o Consello de Ministros.

Este instrumento, que se enmarca dentro da Estratexia de Mocidade 2023, establece as prioridades, as actuacións e os compromisos de investimento dos distintos ministerios en materia de mocidade.

Rego destacou que esta é a primeira vez que se constrúe este plan mediante un proceso participativo de entidades xuvenís que arrincou en 2024, con diferentes encontros en mesas de traballo con 15 ministerios, que permitiu concretar o alcance das políticas públicas en materia de mocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade