Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 2,7 millóns de galegos están chamados a votar nas xerais

Máis de 2,7 millóns de galegos están chamados a votar nas xerais

Son 45.758 persoas máis que en 2023, entre eles 57.881 novos electores que poderán votar por primeira vez

Máis de medio millón de persoas son residentes no estranxeiro, é a maior cifra CERA entre as comunidades

As eleccións do 29-N contarán con 3.912 mesas nos 313 concellos galegos

G24.gal 13/10/2026 12:23

O censo electoral conta con 2.734.381 galegos que poderán votar nas eleccións a Cortes Xerais do 29 de novembro de 2026, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta cifra supón 45.758 electores máis que nas xerais do 23 de xullo de 2023, cando o censo electoral se situou en 2.688.623 galegos con dereito a voto.

Do total, 57.881 son novos electores que poderán participar por primeira vez en Galicia nunhas eleccións xerais por cumprir do 18 anos da anterior votación ás Cortes.

Entre os máis de 2,7 millóns de galegos con dereitos a voto, o número de electores no estranxeiro rexistrados no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) é de 516.669. O dato de Galicia do CERA supón o máis elevado entre comunidades, por encima de Madrid (498.874 persoas).

A repartición de electores por provincias é o seguinte: A Coruña (1.106.690), Pontevedra (926.408), Ourense (360.252) e Lugo (341.031).

As eleccións do 29 de novembro contará con 3.912 mesas electorais situadas en 2.310 locais electorais dos 313 municipios galegos.

Case 38,73 millóns de españois están inscritos no censo electoral, incluíndo 2,35 millóns que residen no estranxeiro, segundo os datos da Oficina do Censo Electoral do INE. Dese electorado, máis de 1,6 millóns de votantes farano por primeira vez.

O voto dos españois residentes no estranxeiro cobra especial relevancia nestas eleccións pola polémica suscitada ao redor da aplicación da coñecida como 'lei de netos', que facilitou o acceso á nacionalidade española a descendentes de exiliados. O Tribunal Supremo suspendeu preventivamente determinadas inscricións no censo electoral de beneficiarios desta norma, unha medida que a Avogacía do Estado pediu levantar ante a proximidade do 29-N. O INE acredita a 2.769.645 electores que viven no estranxeiro poderán votar a finais de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade