Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide en Bruxelas máis fondos para loitar contra a seca e os incendios

Rueda pide en Bruxelas máis fondos para loitar contra a seca e os incendios

No Pleno do Comité Europeo das Rexións, o presidente da Xunta tamén reclamou reducir a burocracia para que as pemes participen na industria da defensa

Alfonso Rueda advirte do atraso do Goberno Central na preparación do Plan Español ante un calendario axustado para negociar o novo marco financieiro europeo

Alfonso Rueda, xunto cos presidentes de Andalucía, Extremadura e Murcia, este martes en Bruxelas (EFE/ Laia Ros)
G24.gal 13/10/2026 20:51

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pide máis fondos para loitar contra a seca e os lumes e que eses cartos sexan xestionados polas comunidades autónomas.

"Hai que investir antes de que cheguen as catástrofes; repararnos é máis eficaz, menos custoso e máis seguro que reaccionar cando a emerxencia xa está desatada", afirma. 

Rueda reclama tamén que se reduza a burocracia para que as pemes das rexións periféricas participen na industria da defensa. Neste senso o presidente da Xunta cree que "o investimento en defensa non debe desprazar outras prioridades como educación, transporte ou transición enerxética, senón integrarse no mesmo marco financieiro e de programación".  

Ademais, Alfonso Rueda pídelle ao Goberno de Pedro Sánchez que escoite as comunidades e fixe canto antes a posición de España no novo marco financieiro europeo. Di Rueda que a centralización do reparto prexudicaría a sectores como o mar e o agro. 

"A día de hoxe seguimos sen ter noticias do Goberno de España. Non fomos convocados, non sabemos nin sequera que ministerio ou que organismo do ministerio vaise encargar de coordinar todo isto desde o punto de vista do Gobierno central", asegurou.

Rueda, que participa este martes en varios actos no marco da Semana Europea das Rexións e o pleno do Comité das Rexións da UE, reclamou tamén "que non se produza unha centralización" dos fondos destinados á cohesión territorial e apostou por que se manteña "a perspectiva rexional e local" na execución dos mesmos.

"Vimos xa que o modelo de execución dos MRR (os fondos europeos tras a pandemia) non funcionou precisamente pola centralización, e non queremos que isto se volva a repetir con ocasión da elaboración do novo marco financeiro para os seguintes anos", incidiu.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade