Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Nigrán denuncian os estragos que provoca a presenza de cabalos soltos

Veciños de Nigrán denuncian os estragos que provoca a presenza de cabalos soltos

Din que os animais, que teñen dono, acaban cos seus cultivos

Alertan do perigo que constitúen para o tráfico, e xa presentaron denuncia

G24.gal 13/10/2026 20:17

Os veciños de Chandebrito, en Nigrán, están fartos dos continuos estragos que unha manda de cabalos soltos provocan nos seus cultivos. Preoúpalles tamén  que poidan causar un accidente grave. Carlos Gómez, voceiro da Asociacion Chandebrito 1807, explica que moitos veciños xa decidiron non plantar:

 "Non lles compensa o traballo xa que as perdas son constantes. Ademais están moi preocupados porque se poida producir un accidente de tráfico grave. Os cabalos ocupan toda a vía que comunica a parroquia viguesa de Valadares con Chandebrito. Constitúen un serio perigo para os condutores das bicis, motos , coches e camións que habitualmente circulan por aquí e, calquera dia, vai pasar algo grave".

Din os veciños que os cabalos chegan dende un predio do monte Alba en Vigo. Aseguran que teñen dono, porén constantemente están soltos e a solución non chega. Segundo Carlos Gómez a veciñanza xa contactou co propietario dos animais pero os cabalos seguen aparecendo en Chandebrito e sempre son os mesmos. Ante esta situación os veciños xa presentaron denuncia ante a Policía Local e a Garda Civil 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade