Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xubilación do vendedor José González pecha a zapatería Delfín da rúa San Miguel de Ourense

A xubilación do vendedor José González pecha a zapatería Delfín da rúa San Miguel de Ourense

Empezou a traballar na tenda con 14 anos e pasou 52 anos como vendedor dunha das zapaterías máis coñecidas de Ourense

Di que para ser un bo vendedor o máis importante é atender con educación e conseguir que o cliente vaia satisfeito

O experto vendedor asegura que a xente vai querel volver mercar nas pequenas tendas, pola atención personalizada e a calidade dos produtos

José González Rodíguez empezou a traballar na zapatería Delfin en Ourense con 14 anos
G24.gal 13/10/2026 21:36 Última actualización 13/10/2026 22:21

Durante 52 anos vendeu zapatos nunhas das zapaterías máis coñecidas en Ourense. Antonio González empezou limpando cristais e acabou estando á fronte da tenda. Coa súa xubilación o pasado mes de setembro, a zapatería tamén pechou as portas. Situada na céntrica rúa San Miguel, na zona vella, co seu peche remata tamén unha época dourada no comercio ourensán. 

José volve á zapatería onde comezou a súa historia como vendedor. A tenda pechou cando el se xubilou en setembro, despois de 52 anos detrás do mostrador. 

"Eu empecei con 14 anos un 29 de agosto ás nove menos cinco da mañá. Son o novo, que veño traballar. Entrou no cuarto de baño colleu unha botelliña de auga e un pano, e díxome: ponte a limpar aí os cristais. E así empecei limpando os cristais e acabei limpando os cristais", conta Antonio González lembrando como foi ese primeiro día de traballo. 

E de rapaz dos recados foise convertendo no vendedor de zapatos dunha das tendas máis coñecidas en Ourense. O máis importante di é o bo trato e que o cliente saia satisfeito. 

Entre estes estantes, agora baleiros, entre centos de caixas pasou tamén as mellores épocas do comercio ourensán e atendeu a varias xeracións de clientes na zapatería da Rúa San Miguel. 

Sobre o futuro do pequeno comercio o experto dependente di que con paciencia a xente moza deixará as compras en liña e volverá á tenda local. 

" A atención personalizada é o que está buscando outra vez a xente. Se empezamos con esta xente nova a fomentar outra vez ese ti a ti, entón a xente volve outra vez á tenda pequena", afirma Antonio Gonález, que foi dependente da Zapatería Delfin en Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar