Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como evitar o fracaso na iniciación ao mundo dos bonsais

Como evitar o fracaso na iniciación ao mundo dos bonsais

Estas arboriñas requiren duns coidados especiais tocante á auga, á luz, ao fertilizante ou ao susbtrato

A florista Carmen Costoya rodeada de bonsais
G24.gal 02/10/2026 20:57 Última actualización 02/10/2026 21:09

Un bonsai é, literalmente, unha árbore plantada nunha bandexa. Popularizouse no noso país aló polos 80, e dende aquela xa nunca se foi dos fogares galegos. Os iniciados na arte do seu cultivo deberán comezar coas variedades máis resistentes, como é o caso do Carmona ou do Ficus. 

"Para alguén que se inicia no mundo dos bonsais nós recomendamos sempre un Carmona ou un Zelkova, polos seus coidados. Simplemente necesita luz, pero non o sol directo, regalo o substrato cando estea seco e estar pendente do crecemento e de como vai o seu día a día", recomenda Carmen Costoya, xerente de Deseño floral D'Carmen. 

Tocante aos coidados, cómpre fertilizar os bonsais unha vez ao ano, por primavera, cambiarlle o substrato como moi tarde cada tres anos e regalo, sen chegar a encharcalo, só cando teña a terra seca. 

"Hai uns substratos específicos xa para este tipo de plantas, que son moi lixeiros, nada pesados nin compactados, para que poidan drenar correctamente. Tamén podemos meterlle unha base de akadama ou de pedra volcánica, para que non se dane a raíz se un día nos pasamos regando", sinala María González, encargada de A Casa das Plantas. 

"É algo que engancha moito. A xente cando empeza a coidar bonsais logo empeza a coleccionalos, a regalalos e a ver o valor deste tipo de agasallos", engade Carmen Costoya. 

Hai, de feito, quen mesmo chega a ter un pequeno bosque de bonsais na súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos