Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maxia da luz na capela de San Miguel, en Celanova

A maxia da luz na capela de San Miguel, en Celanova

O día do equinoccio, os primeiros raios do sol atravesan este pequeno templo mozárabe, en Celanova, ofrendo un espectáculo único

G24.gal 24/09/2026 13:57

O sol comeza a tinguir o amencer sobre o monte Calvo, o máis alto da zona. A carón da capela de San Miguel, en Celanova, unha vintena de persoas agardan para contemplar unha imaxe única, unha estrela de múltiples puntos formada polas primeiras raiolas do sol ao atravesar este pequeno templo do século X.

A luz coase por dúas saeteiras de tan só 10 centímetros orientadas, como destaca Xosé Benito Reza, autor dun libro sobre a capela, para captar a saída do sol no día dos equinoccios.

Un fenómeno que dura tan só un par de minutos e que pasou desaparecido ata os anos 90. Foi daquela, durante unha obras de rehabilitación do contorno, cando saíu a luz un penedo dedicado supostamente noutrora a rituais de culto ao Sol. Chamou a atención do enxeñeiro Xosé Benito Reza que comezou a investigar e decatouse da orientación coa que fora construída a capela. Unha cristianización, apunta, dun lugar considerado xa sagrado na antigüidade.

Un sol que segue presente nos símbolos que decoran este pequeno templo e que se coa por ela dúas veces ao ano, coincidindo co equinoccio de primavera e o do outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar