Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autopsia da muller esganada presuntamente polo seu home na Coruña apunta a unha lesión violenta nunha zona vital

A autopsia da muller esganada presuntamente polo seu home na Coruña apunta a unha lesión violenta nunha zona vital

É probable que o acusado declare este venres ante o xurado popular

G24.gal 15/10/2026 14:00

Os forenses que realizaron a autopsia explicaron na sala que, desde o inicio, xa apreciaron na vítima unha lesión violenta nunha zona vital, marcada arredor do pescozo, con algo que puido comprimir esa zona. Eles xa anticipaban unha morte por asfixia. Con todo, os peritos do Instituto Nacional de Toxicoloxía non foron quen de concluír que a asfixia fose a causa do falecemento.

"Neste caso son achados inespecíficos e escasos e non podemos confirmalo". -"Non exclúen totalmente como causa do falecemento a asfixia da vítima?" -"Non. Non se pode excluír".

Segundo o escrito da fiscalía, no momento dos feitos, na madrugada do 2 de agosto do 2024, a vítima estaba ebria. E sobre isto tamén declararon os peritos.

"Incrementouse o consumo de alcol desta persoa nos últimos seis meses?". -"O consumo é crónico, polo que se amorea no pelo. O que semella evidenciar os resultados é que houbo un aumento dese consumo crónico".

Está previsto que este venres se exhiban na sala os vídeos que gravou o investigado co seu teléfono móbil, a noite do crime, cando a vítima estaba no chan, atrapada entre a cama e outros mobles. Uns vídeos en que se escoita o acusado insultar e humillar a súa muller sobre a súa incapacidade para erguerse, mentres non lle prestaba auxilio.

Despois, é probable que o procesado, que se enfronta a 26 anos e medio de cadea, preste declaración perante os membros do xurado popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade