Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traballo e vida ligados ao sostén do territorio: as mulleres rurais celebran o seu día internacional

Traballo e vida ligados ao sostén do territorio: as mulleres rurais celebran o seu día internacional

Destacan os avances conseguidos nos últimos anos en innovación e en igualdade

Reivindican o papel xogado en Galicia por un forte movemento asociativo, que ofrece servizos para loitar contra o abandono do rural

G24.gal 15/10/2025 14:59

Cada unha desde o seu lugar, vanse atopando camiño das actividades que organiza a asociación de mulleres rurais Maristela, de Sobrado, que xa leva 25 anos. En distintos locais sociais esparexidos polos lugares do concello as mulleres aprenden vimbio, costura, acordeón ou manexo do móbil. 

Porque aquí as mulleres autoorganizáronse para ofrecer estes servizos: ocio, cultura e tamén unha oportunidade de socializar cando as aldeas van quedando baleiras.

A asociación ademais, facilita a integración de mulleres migrantes, que axudan a fixar poboación, porque, xunto co envellecemento, dos que marchan das aldeas dous de cada tres son mulleres en idade reprodutiva.

O caso de Teresa, gandeira en Anllóns, Ponteceso, é xusto ao revés. Ela é natural da capital do concello de Malpica e de vacas non sabía nada. 

"Un día que o meu home fora a unha manifestación, unha vaca púxose de parto. E eu agarrei as cordiñas e saquei o becerro vivo", conta. 

Ese carácter de se superar, de que ninguén as pare, mantén en pé o rural en Galicia. Mulleres que hoxe celebran as innovacións técnicas que facilitan o traballo, desde a súa nova posición de cotitulares das explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade