Os veciños da rúa Instituto de Ferrol xa poden durmir
O Adif rectifica ante as protestas veciñais e as máquinas paran toda a actividade de noite para permitir o descanso
Un ruído continuo, día e noite, é o que tiveron que soportar durante case 4 semanas os veciños da rúa Instituto de Ferrol. O Adif está realizando obras para completar a conexión ferroviaria co porto exterior.
"Era un pi-pi-pi continuo, continuo, continuo, e logo o xerador que está máis cara alá para a xente que vive por alí ten que ser insoportable".
"Había unhas vibracións 'de aúpa', que parecía un terremoto"
"Eran ruídos continuos porque viña a formigoneira, viñan soldar".
"Non puidemos ver o televisor porque estaba ta-ta-ta-ta-ta, todo así a casa", explican algunhas veciñas
E non lles quedou outra que protestar. O único que lle pedían á empresa adxudicataria das obras é que cesaran os traballos durante a noite.
"Eles queren rematar canto antes, é lóxico, pero non á custa do descanso dos veciños".
"Sabemos que as obras non as podemos parar, que non se poden parar, pero polo menos que nos deixen descansar de noite".
E conseguírono. Dende a noite do xoves volveu a tranquilidade á rúa Instituto.
"Parece se que deixaron de traballar de noite, de feito estamos moi contentos, eu polo menos".
"Levamos uns días xa podendo descansar".
"Mellorou moito dende que se fixo a manifestación e parece que imos mellor, polo menos descansamos".