Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cable de telefonía leva anos plantado no medio dunha beirarrúa de Cerceda

Un cable de telefonía leva anos plantado no medio dunha beirarrúa de Cerceda

Cambiaron o poste cando fixeron as beirarrúas pero deixaron a conexión no mesmo sitio

Os veciños máis próximos pediron reiteradamente que se quite o cable do medio 

Os que andan por esa zona temen que poida provocar un accidente

G24.gal 13/10/2026 14:27

Os que adoitan pasear pola estrada da Silva cara a Ordes xa non se estrañan de atopar cun cable no medio da beirarrúa. Malia que levan anos convivindo coa peculiar instalación que pende do cable da rede de telefonía, a maioría considera que é un risco que siga estando como está. 

"Está moi mal; é bo para levar un golpe aí. E máis os nenos que veñan coa bicicleta", din.

"Leva anos así, desde que fixeron as beirrarrúas", lembran 

Os dous veciños que viven máis preto dese punto xa intentaron pórlle remedio mediante xestións coa súa empresa de telefonía, pero con resultados desiguais. Un deles logrou que, a partir dunha avaría, levaran a conexión ata a base do poste. Pero na empresa contigua non houbo esa sorte, segundo nos conta Belén Golán, unha das socias. 

"Algunha vez que viñeron arranxar o teléfono ou algo os de Movistar dixémoslle se podían arranxalo, pero os que veñen dinnos que se non teñen orde de arriba que non poden facer nada".

Malia a que fixeron xestións directamente coa empresa e tamén a través do Concello, o cable segue colgando no mesmo punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade