Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños dun edificio da Coruña recorren á xustiza para pechar un narcopiso

Os veciños dun edificio da Coruña recorren á xustiza para pechar un narcopiso

As forzas de seguridade tiveron que intervir en varias ocasións ante as denuncias da comunidade de propietarios

G24.gal 13/10/2026 14:42

Poucos veciños queren dar a cara para explicar a situación que viven a diario nun céntrico edificio da Coruña. Din que era unha comunidade tranquila ata que o ocupante dun piso do cuarto andar comezou a relacionarse con persoas con comportamentos agresivos. "Ela andaba pedindo. Pero agora véxoa aquí no edificio", asegura unha veciña.

Os veciños xa atoparon persoas durmindo nas escaleiras, berros e ruídos polas noites e mesmo situacións agresivas. En todos os casos foi necesario recorrer ás forzas de seguridade. Pero, lonxe de frealos, a situación vai a peor.

 "Cando cheguei á oficina tiña varios correos electrónicos do presidente da comunidade. Esta fin de semana tivo que estar a Policía Nacional e a Local. Rexistraron algunhas persoas, había navallas, tesoiras de cociña. E volveron pola noite outra vez", explica o administrador.

Cansos dos problemas de convivencia, os veciños decidiron poñer o caso en mans da administradora de fincas que xestiona a comunidade de propietarios. Neste momentos todo está xa en proceso xudicial.

É a última vía á que poden recorrer os veciños que se atopan con casos similares que se repiten en todas as cidades.

"Se o xuíz así o determina, esa persoa mesmo tería que abandonar a propiedade ata tres anos", afirma o administrador.

Os veciños só agardan agora que os prazos da xustiza non demoren unha solución para poder recuperar a tranquilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade