Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Cangas con case 5,5 quilos de haxix e 157 gramos de cocaína

Detido en Cangas con case 5,5 quilos de haxix e 157 gramos de cocaína

O detido, un veciño de Cangas de 38 anos, ingresou en prisión tras pasar a disposición xudicial

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 09/10/2026 12:23 Última actualización 09/10/2026 12:40

Axentes da Garda Civil detiveron un home de 38 anos e veciño de Cangas do Morrazo ao que sorprenderon con 5.454 gramos de haxix e 157 gramos de cocaína.

A actuación, segundo informou este venres o instituto armado, iniciouse durante un dispositivo preventivo de seguridade cidadá establecido na zona, no que os axentes deron o alto a un vehículo ocupado polo agora detido.

Durante o rexistro do vehículo, os axentes localizaron 280,30 gramos de haxix e 157 gramos de cocaína, procedendo á detención do condutor como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Posteriormente, os axentes realizaron un segundo rexistro noutro vehículo relacionado co detido, no que localizaron 5.174 gramos de haxix.

O detido, xunto coas dilixencias instruídas e as sustancias estupefacientes intervidas, foi posto ao dispor do Xulgado competente.

Tras pasar o pasado xoves á disposición xudicial, a autoridade xudicial decretou o seu ingreso en prisión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade