Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival ABANEA de danza contemporánea busca achegar esta arte a espazos non convencionais

O festival ABANEA de danza contemporánea busca achegar esta arte a espazos non convencionais

Trátase dun festival itinerante que reúne 11 compañías e artistas procedentes de Galicia, Madrid, Cataluña, Francia, Eslovenia e Chile

Esta quinta edición combina exhibición, mediación e acompañamento á creación ademais de ser un encontro cos profesionais

G24.gal 08/07/2026 22:12 Última actualización 08/07/2026 22:48

O pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu a xornada inaugural da quinta edición do festival Abanea, que busca impulsar a danza contempóranea fóra dos espazos convencionais para achegala a un público máis diverso, como explicou Marta Alonso Tejada, unha das súas directoras.

Por terceiro ano consecutivo, o concello de Ames é unha das sedes do festival ABANEA, que ata o 12 de xullo reúne en cinco localidades galegas artistas nacionais e internacionais cun obxectivo claro, sacar a danza fóra dos espazos convencionais, e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

ABANEA ten detrás dúas directoras e grandes profesionais como son Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, ambas cunha gran traxectoria no sector, e quizais por iso tamén buscan reforzar a liña de acompañamento artístico e apoio aos novos talentos, porque saben o duro que é comezar a andaina.

Deste xeito, os novos creadores teñen oportunidades únicas de amosar as súas creacións no circuíto nacional da danza. Foi o caso de Andrea Castro, unha das protagonistas do festival coa súa peza 'Lola e os lamentos' nacida no contexto do festival e seleccionada posteriormente pola 'Rede Acieloabierto'. Unha creación que xa puido amosar en diferentes cidades españolas nunha iniciativa moi enriquecedora. 

Outro talento emerxente é Martín Blanco, quen falou da importancia deste apoio que ofrece ABANEA para poder presentar as creacións ante públicos diversos, como aconteceu coa súa peza 'Máis', tamén desenvolvida en residencia artística co apoio de ABANEA. Martín asegurou que esta cita coa danza é fundamental para entablar relacións con moitos profesionais vencellados ao sector a nivel nacional e internacional.

En paralelo, este pazo da Peregrina tamén acolleu unha das dúas xornadas do II Foro sobre Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais a través del Centro Coreográfico Galego. Faise cadrar co festival ABANEA pola sinerxía que ofrece de cara ao sector, sendo as dúas citas interesantes para ambos os dous públicos.

Outro talento emerxente é Martín Blanco, que falou da importancia deste apoio que ofrece ABANEA para poder presentar as creacións ante públicos diversos, como aconteceu coa súa peza 'Máis', tamén desenvolvida en residencia artística co apoio de ABANEA. Martín asegurou que esta cita coa danza é fundamental para entablar relacións con moitos profesionais vencellados ao sector a nivel nacional e internacional.

En paralelo, este pazo da Peregrina tamén acolleu unha das dúas xornadas do II Foro sobre Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais a través del Centro Coreográfico Galego. Faise cadrar co festival ABANEA pola sinerxía que ofrece de cara ao sector, sendo as dúas citas interesantes para ambos os dous públicos.

Teñan en mente as seguintes citas do festival itinerante de danza contemporánea e movemento de ABANEA: Outes (9 de xullo), A Guarda (10 de xullo), Foz (11 de xullo) e Celanova (12 de xullo).

E lembren que para desfrutar desta arte non fai falla ser un entendido, só hai que deixarse levar polos sentimentos, a expresión e a beleza que transmite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar