Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo revélase coma a cidade con máis arte urbana de toda a Península

Lugo revélase coma a cidade con máis arte urbana de toda a Península

Figura no 'top 15' de todo o mundo, por diante de Londres, Barcelona, Madrid ou Amsterdam

É a única cidade galega con dous festivas de arte urbana, o Urban Cores e o Culturban

Mural de Trece Trazos no barrio lugués da Cheda
Félix Aragunde 01/09/2025 20:49 Última actualización 01/09/2025 21:03

Obras coma o Xulio César de Diego As ou a Copora de Yoe33 son os exemplos máis coñecidos do muralismo en Lugo, pero hai moitos máis.

Conta con preto de 550 en total, o que sitúa a cidade galega como o máximo expoñente na Península e unha das 15 urbes de todo o mundo con máis arte urbana, por diante de Londres, Barcelona, Madrid ou Amsterdam.

Así o revela a clasificación de Street Art Cities, que é a principal web especializada en todo o ámbito mundial.

"É positivo. A cidadanía está acollendo todo isto moi ben", celebra o artista urbano Diego As. 

"Temos o noso mérito os artistas, pero tamén a xente, que se involucra moito nesta cidade. Os murais forman parte do seu día a día", engade o muralista Rubén Paz, de Trece Trazos. 

Lugo é, de feito, a única cidade galega con dous festivais de arte urbana. Son o Urban Cores e o Culturban, ambos impulsados pola administración local.

"Realmente traemos xente de todas partes do mundo. Este espazo de Frigsa en que estamos é moi simbólico, porque aquí se celebraron nove edicións do Style Fighters, un festival que faciamos específico de graffiti ao que chegaron as máximas figuras mundiais", explica o artista urbano Manuel Pallín, máis coñecido como Yoe 33. 

Gran parte dos muralistas lucenses, que mesmo decoran o mobiliario urbano, formáronse na Escola Superior de Deseño Ramón Falcón e levan décadas enchendo de arte as paredes da cidade amurallada.

Unhas das últimas incorporacións á arte urbana na cidade de Lugo Unhas das últimas incorporacións á arte urbana na cidade de Lugo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar