O Resurrection Fest esgota en poucas horas os primeiros abonos Pandemonium para o festival
Os prezos oscilaban para os catro días entre os 295 e os 312 euros
Iron Maiden durante o concerto do Resu o 2 de xullo de 2025 (Europa Press/Carlos Castro)
En apenas unhas horas esgotáronse na páxina web oficial do Resurrection Fest os primeiros abonos Pandemonium que os promotores do festival puxeron á venda este xoves ao mediodía, con prezos que oscilaban para os catro días entre os 295 e os 312 euros.
Tamén se puxeron á venda este xoves os primeiros abonos Early Bird xerais a través da web oficial, a 195 e 212 euros. Nesta xornada puxéronse á venda un total de 10.000 abonos con descontos.
O Resurrection Fest Estrella Galicia fixo públicas as datas da próxima edición do festival, un dos máis importantes de música metal e hardcore do país, que se celebrará en Celeiro (Viveiro) entre o 30 de xuño e o 3 xullo de 2027, pero aínda non se coñece que artistas formarán parte do cartel.
Na pasada edición do festival, que se celebrou entre os días 1 e 5 de xullo, máis de 140.000 persoas pasaron polo recinto do Resurrectivon Fest durante os catro días que durou o festival. O cartel estivo encabezado por bandas como Iron Maiden, Marilyn Manson, Limp Bizkit, Sabaton, Anthrax, Trivium, A Day To Remember, Mastodon ou Testament.