Comeza na Coruña o XXXIX Festival do Noroeste
Do 5 ao 9 de agosto deixa na cidade máis de 40 concertos de rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm$blues, post-punk ou flamenco
Coa viguesa Law na praza de Azcárraga comezou na Coruña o Festival do Noroeste, que deixa esta noite no mesmo escenario a Fantastic Negrito e, en María Pita, unha cita con Dorian e con Angel Stanich.
Serán en total 40 concertos
"Forma parte da propia vida da cidade. Temos concertos nas prazas pequenos, como Azcárraga, o Campo da Leña ou o Parque de Santa Margarida, ata os xa clásicos e multitudinarios da praia de Riazor. Todos eses lugares énchense axiña e os músicos e as bandas rematan superencantados porque hai un ambiente moi acolledor", dixo Laura Seoane, a directora do IMCE.
Echo&The Bunnymen e Bomba Estéreo encherán o sábado á praia de Riazor, onde desde o venres pasarán artistas como Sés ou Rusowsky. O 50 % do cartel son artistas galegos. Entre eles, Xosé Lois Romero e Aliboria.
"O festival recolle de xeito ecléctico a música de avangarda a atendendo a diversas procedencias", engadiu a responsable do Instituto Municipal de Cultura.
Yerai Cortés na praia de San Antón é outra das citas, dun cartel amplo e variado, con propostas de calidade e avangarda e que este dá un novo chanzo en inclusión e diversidade, con máis medidas de accesibilidade, linguaxe de signos ou mochilas vibratorias, para que a música sexa para todos.