Brimah quere axudar a gañar partidos dende a súa faceta "defensiva e intimidadora"
O interior ghanés tivo a súa presentación oficial tras dúas sesións de adestramento co equipo
Brimah estivo acompañado na súa presentación por Tito Díaz, director deportivo do Río Breogán, e Ramón Alonso, xerente de Cafés Candelas, ao que Díaz tamén quixo agradecer o seu apoio ao proxecto celeste unha tempada máis.
Tito Díaz agradeceu ao novo xogador breoganista a súa predisposición e as facilidades para unirse ao equipo trala baixa por problemas físicos de Aleksa Ilic, e resaltou as súas capacidades físicas e de xogo por enriba do aro.
Brimah, pola súa parte, resaltou as boas referencias que tiña do equipo dende as súas anteriores experiencias en Liga Endesa, eloxiou a idea de xogo de Luis Casimiro e asegurou que quere axudar a gañar partidos dende a súa faceta defensiva e intimidadora.