Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristiano Ronaldo anuncia a súa retirada da selección portuguesa

Cristiano Ronaldo anuncia a súa retirada da selección portuguesa

O portugués deixa a selección con 234 internacionalidades, 146 goles e tres títulos

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 05/11/2026 12:20 Última actualización 05/11/2026 12:26

Cristiano Ronaldo anunciou este xoves a súa retirada definitiva da selección portuguesa de fútbol cunha publicación en redes sociais en la que afirmou que "chegou o día de devolver a camiseta sete da selección".

"Chegou o día de devolver a camiseta sete á selección de todos nós. Nunca sentín como exclusivamente miña, pero durante 23 anos tiven o privilexio e responsabilidade de vestila", empezou dicindo nun vídeo publicado nas súas redes.

O madeirense realizou este anuncio tras ser sancionado polo Consello de Disciplina da Federación Portuguesa de Fútbol (FPF) con 30 días de suspensión e unha multa de 255 euros, o mínimo previsto no regulamento, por abandonar a concentración de Portugal o 30 de setembro.

O portugués marcha con 234 internacionalidades, 146 goles e tres títulos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade