Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha ameixa chegada de Asia coloniza amplas zonas do Miño e do Sil

Unha ameixa chegada de Asia coloniza amplas zonas do Miño e do Sil

Trátase dunha ameixa de auga doce que, se ben non é depredadora, compite coas especies autóctonas por osixeno e nutrientes

G24.gal 05/11/2026 13:24

Chámase Corbicola fluminea ou ameixa asiática.  

"Non sabemos como chegou aquí, pero é unha especie asiática que se introduciu en moitos ríos de América e Europa", di o biólogo Martiño Cabana, da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

En Galicia a súa presenza detectouse hai máis de tres décadas na desembocadura do Miño. Dende aquela a súa expansión avanzou río arriba, contando coa colaboración involuntaria da actividade humana, chegando incluso ao Sil, onde xa coloniza amplas zonas.

"Moitas veces as pequenas larvas son transportadas en embarcacións ou depósitos de auga de río", comenta Cabana.

Se hai que buscarlle o lado menos malo, non se trata dunha especie depredadora como o cangrexo americano, aínda que si compite coas especies autóctonas por osíxeno e nutrientes.

"Non é depredadora, pero compite cos novos bivalvos, cos nosos mexillóns de río, que de por si xa están ameazados".

A observación deste molusco é tarefa complicada e as estimacións sobre a cifra aproximada de exemplares faise a través das cunchas baleiras que quedan nas beiras. Pero as contas fan temer que a colonización é xa importante e practicamente imposible de erradicar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade